Festivais, festas e feiras da cervexa hainas de moitas clases e estilos. A inmensa maioría son de cervexas artesanais, outras combinan artesanais con «comerciais» e hai algunha só de cervexas de grandes grupos.
Aínda que a situación xerada polo COVID-19 provocou que moitos destes eventos tivesen que pospoñerse ou que mesmo non teñamos a certeza de se este ano poderán levar a cabo, non está de máis telos en axenda, para que todas as persoas que gozamos impregnándonos desta nova (aínda que histórica) cultura da cervexa, podamos seguir aprendendo e gozando da variedade de estilos e sabores que nos ofrecen.
Pasamos a resumir algúns dos eventos máis representativos en España, poñendo atención tamén naqueles que se están desenvolvendo en Galicia e que iremos actualizando ao longo do ano.
XANEIRO
Fira de Cervesa Artesana de Sant Antoni, Barcelona.
FEBREIRO
Festival craft Birra!, A Coruña.
MARZO
Barcelona Beer Festival, Barcelona.
Festival Cerveza artesana de Pola de Siero, Asturias.
ABRIL
Granada Beer Festival, en la Ctra. de Armilla.
UFO FEST de Valdemoro, Madrid.
Festival de la Cerveza Artesana de Langreo, Asturias.
Birraseto, Vigo.
MAIO
Festival de la cerveza artesana de Almería.
Beermad, Madrid.
Festival de la Cerveza Artesanal de San Sebastián de los Reyes.
Arde Lúpulus, Lugo.
XUÑO
Zaragoza Beer Festival.
Feira da cervexa artesá de Santiago de Compostela.
Bierzo Fest, Ponferrada.
XULLO
Fira del Poble Nou, Barcelona.
BustarBeer, Bustarviejo, Madrid.
AGOSTO
Birragoza, Festival de Cerveza Artesana de Zaragoza.
Valmiñor Beer Fest, Nigrán, Pontevedra.
SETEMBRO
Feria de la Cerveza Artesana de La Ciudad Vieja, A Coruña.
Birrasana, Lloret de Mar. Ainda que viña celebrándose no mes de Maio, este ano pospúxose ao mes de Setembro.
OUTUBRO
Mash Beer Fest, Barcelona.
Festival de Cerveza Artesana de Ourense.
NOVEMBRO
Muestra de Cerveza Artesana de Puigpunyent.
Beerlada 2019. Feria de la cerveza artesana de Burlada.
Festival Ke Kaña, Guadalajara.
Feria Internacional de la Cerveza Artesana de Trujillo.
Quadernillos Craft Beer Fest, Alcalá de Henares.
DECEMBRO
Beer Fest, Fiesta de la Cerveza de Valencia, Plaza de Toros de Valencia.
Palencia Beer Fest, Palencia.
¿Organizas un evento? ¿Queres engadilo a esta lista?
Facédenos chegar as vosas propostas!