estilos cerveza artesana

1001 estilos de cervexa, atopa o teu!

Non se pode amar o que non se coñece, nin defender o que non se ama”.

Leonardo DaVinci

¿Sabes que existen máis de 130 estilos de cervexa?

A frase “Eu non son de cervexas artesanais” soa extraña si temos en conta que a maioría da xente en Galicia probou na súa vida, con sorte, entre unha e catro variedades de cervexa industrial e, se cadra, unha ou dúas artesanais.

Isto sucede porque a maioría das cervexas dispoñibles no mercado xenérico nas últimas décadas (ou séculos) responden a unha rango moi determinado de estilos, concretamente cervexas tipo lager, probablemente variantes desvirtuadas dunha cervexa pilsner, por exemplo.

Estilo de cervexa é un termo utilizado para diferenciar e clasificar as cervexas pola súa cor, sabor, ingredientes, método de producción, receita, historia ou orixe. Na nosa tenda online atoparás unha vintena de diferentes estilos para degustar.

Non foi ata 1977 que o escritor Michael Jackson (nada que ver co cantante pop) desenrolou no seu libro The World Guide To Beer, unha clasificación das cervexas de todo o mundo en grupos de estilos segundo as costumbres e nomes locais. Moito despois, o BJCP (Beer Judge Certification Program), definiu estes máis de 130 estilos dos que falamos, agrupándoos en 35 categorías e, recentemente, siguen xurdindo novas clasificacións.

Cultura gastronómica, cultura cervexeira

Da mesma maneira que non comerías tódolos días o mesmo prato ou o mesmo ingrediente cociñado da mesma maneira, ¿Por qué facelo coa cervexa?.

O gusto entréase, e estar abert@ a novos sabores e experiencias culinarias, permítenos disfrutar cada vez máis a través dos nosos sentidos. Podemos percibir as diferencias, os matices, atopar os praceres en cousas que nin imaxinábamos. Na variedade está o gusto.

¿Eres de doce, amargo, ácedo, salgado?

Existen combiñacións gañadoras para tódolos gustos.

Chocolate, froitas de oso ou tropicais, biscoito, plátano, mazás, especias,… todo isto e moito máis pode agocharse entre os aromas e sabores dunha cervexa elaborada exclusivamente con auga, malta, lúpulo e fermentos.

Non nos imos extender tratando de describir o amplio abanico de experiencias gastronómicas das que podes disfrutar se estás dispost@ a probar, a deixarte seducir, pero adiantámosche que nos nosos packs de cervexas artesanais, poderás disfrutar e comparar interpretacións de estilos históricos e outros máis recentes como: Speciale Belge, Belgian Blonde Ale, American Blonde ALE, American IPA, Juicy IPA, Session IPA, Dourada Pampeana, Witbier/Blanche, Black Ipa, Amber Ale, American Pale Ale, Extra porter Stout, European Pale Lager. Atoparás tamén algunha cervexa artesanal lager e variantes de Saison como Grisette, Farmhouse Indian Pale Ale ou Amber Saison.

Recomendámosche catalas con atención e tratar de atopar as súas similitudes e diferencias. Envíanos as túas opinións e suxerencias!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *