Que significa artesanal?

A cervexa artesá é unha bebida con posibilidades infinitas, feita pensando nas persoas, convidándoas a vivir unha nova experiencia, procurando un producto que desperte o interese mediante novos sabores, aromas e sensacións.

A cervexa é… poesía líquida.

creatividade.

É tamén a expresión creativa dunha persoa, da súa labor aprendida a través da experiencia dos anos e os coñecementos técnicos adquiridos, feita gastronomía, ao fin e ao cabo, arte culinaria.

vida.

É un produto vivo. O artesán coñece e manexa os recursos dispoñibles (materias primeiras, maquinaria, procesos…) para crear un produto vivo, non pasteurizado, que permite a expresión máxima dos seus sabores e aromas, das súas propiedades, e a súa contínua evolución na botella.

innovación.

É innovadora. O coñecemento flúe actualmente libre e a unha velocidade incrible. A confluencia dos avances tecnolóxicos, a recuperación de variedades agrícolas, as intervencións modernas sobre estilos de cervexa históricos, a introducción de novos ingredientes e técnicas sobre un lienzo que permite absoluta creatividade, fai que logremos resultados novidosos e que sorprenden aos nosos padais.

honestidade.

É honesta. O artesán quere que as materias primeiras e o seu tratamento sexa apreciable no producto que chega as vosas mans, non é preciso artificios nen atallos cando hai tanto bó por amosar. Non é preciso o uso de enzimas sintéticas cando a materia primera é boa, é honesta. Non é preciso o emprego de clarificantes químicos ou outras sustancias cando se respetan os tempos e repousos. Non está suxeita á lóxica produtivista e á presa.

Podes saber máis sobre a honestidade no tratamento das materias primas aquí.

cercanía.

É cercana. A cervexa non viaxa miles de quilómetros para despois esperar nun almacén, e que finalmente alguén que descoñece a súa procedencia poida bebela a un precio máis baixo que os produtos locais. A cervexa artesanal consúmese fresca, e contribue o desenrolo da comunidade onde se elabora.

equidade.

É equitativa. Cunha producción de pequenos volumes non é posible involucrar máis axentes na cadea de distribución dos estrictamente necesarios. Cada persoa ligada a cervexa artesá ten a súa labor e obtén un beneficio xusto por ela.

diversidade.

É diversa. A elaboración da cervexa artesá non está motivada por obter o máximo rendemento económico, senón pola curiosidade que desperta no artesán a grandísima variedade de estilos e familias existentes, e a súa ilusión por compartir esta curiosidade.

orixinalidade.

É orixinal. Detrás de cada botella hai unha longa historia. Quén, e onde tivo a idea de mesturar eses ingredientes? Qué acontecía naquela época no lugar onde se ideou a receita? Cómo chegou ata nós? Segue a elaborarse como orixinalmente? Cal é a aportación actual que nos ofrece o artesán na súa singular interpretación?

osadía.

É atrevida. Non está encadeada aos dictados da economía. Podemos desfrutar de sabores novos, combinacións sorprendentes, texturas diferentes, sutiles equilibrios ou esaxeracións e extravagancias.