Somos nós. Veciños e veciñas da túa cidade, do teu barrio, da túa vila, da túa aldea… Persoas que, coma tí, queremos traballar no que cremos, no que nos apaixoa. Aportamos unha pinga de cor e de sabor. Aportamos unha nova experiencia gastronómica de calidade, con sentidiño, de proximidade, orixinal e innovadora en cada rexión. Animándote a experimentar novas sensacións e a romper con ideas preconcebidas sobre o que é a cervexa: Un gran mundo de posibilidades, un produto que disfrutar en soidade ou con amizades e familia, ao tempo que contribúes a soster pequenas iniciativas que xurden ao longo do territorio, e que aportan valor á nosa terra.
2020-04-24