Pack Aire

Pack Aire

32,00 

Pack de 12 cervexas moi variado no que poderás degustar cervexas mais neutras e lixeiras como unha European Lager sen Gluten e unha Blonde Ale, viaxar cara estilos de cervexas moi refrescantes e con toques especiados como unha Amber Saison, unha Witbier o unha Speciale Belge, e sumerxirse progresivamente en cervexas nas que os lúpulos van cobrando máis protagonismo como nas American Pale Ale, as Session IPA, as Juicy IPA e as American IPA. Unha Brown Ale como colofón final para dar unha pizca de protagonismo ás maltes.

Categoría:

Descripción

O pack de 12 cervexas está composto por:

1. Menduiña Loira, estilo European Pale Lager sen Gluten, 6% Vol.Alc, 26 IBU. Cervexa loira con espuma branca. Refrescante, suave e redonda en boca, sútil amargor con final seco. Acompaña queixos suaves, encurtidos, carnes brancas e sushi. Marca: Menduiña.

2. Hollow Tree, estilo Amber Saison, 4,8 % Vol.Alc, 25 IBU. Unha «cervexa de granxa» de trago fácil que combina maltes torradas coas notas especiadas e afroitadas do lévedo belga saison. Os lúpulos Loral e Hallertau Blanc apórtanlle matices que recordan a viño blanco e grosella silvestre, perfectos para o final seco desta amber saison. MARIDAXE: Carnes á prancha, queixo San Simón, chile Chipotle, tacos Pastor, salchichas alemanas e todo tipo de afumados. Marca: Misterio.

3. Illas Cíes, estilo Session IPA, 4% Vol.Alc, 30 IBU. Unha session IPA de 4 % de alcool, onde destaca os lúpulos americanos, con dry hopping de Citra a nosa aposta con baixo alcohol para os amantes do lúpulo. Marca: Nós.

4. Píntega Laranxa, estilo Speciale Belge, 5% Vol.Alc, 23 IBU. Cervexa torrada onde destaca o gusto das maltas seleccionadas, con un lixeiro toque frutal e moi bebible, final seco e cun amargor que lembra a laranxa amarga. Marca: Píntega.

5. American Brown Ale, estilo American Brown Ale, 6% Vol.Alc., 24 IBU. Cervexa torrada de cor ambarino con aromas doces e matices de tofe e caramelo. Marca: Cervezas Silvestres.

6. Xistral Citrus, estilo American Pale Ale, 5% Vol.Alc., 28 IBU. APA refrescante de cor laranxa intensa. Monovarietal de lúpulo citra que lle outorga os sabores cítricos de limón, lima e de froitas tropicais. Convinado cos adxuntos da laranxa deshidratada que lle dan sabor, aroma e completando toda esa sensación en boca agradable dos cítricos. Marca: Xistral.

7. Guaguancó, estilo Juicy IPA, 7% Vol.Alc., 53 IBU. Cervexa refrescante de cor entre ámbar e dourado, corpo medio e textura sedosa grazas ao emprego de copos de avea, aroma e sabor intensos a froitas tropicais e de oso, amargor balanceado coa dozura das maltes. Marca: AleAlé.

8. Orixe, estilo American IPA, 6,55% Vol.Alc., 70 IBU. IPA de estilo americano onde os lúpulos Cascade, Columbus e Citra son protagonistas frente as maltas. Con aromas frescos e tropicais. Marca: Aloumiña.

9. Mariña Pale Ale, estilo Pale Ale, 5,5% Vol.Alc., 35 IBU. Percíbense aromas frutais e florais, equilibrio entre o sabor da malta e o amargor do lúpulo. Marca: Augas Santas.

10. Bubela Trigo Eco, estilo Witbier, 5% Vol.Alc., 30 IBU. Moi refrescante. Aroma doce moderado a trigo, con toques ácedos e leves a lúpulo. Aspecto: cor pálida, case branca, alta turbidez polo amidón e lévedo, espuma densa, branca e con boa retención. Sabor equilibrado cara o doce, toques cítricos e especiados a coriandro. Marca: Bubela.

11. Rubia, estilo Blonde Ale, 5% Vol.Alc., 22 IBU. Marca: A Cova da Serpe.

12. Apaixonante, estilo American Pale Ale, 5,4% Vol.Alc., 40 IBU. Cervexa de estilo Pale Ale e de cor ámbar. Notas a cereais torrados con matiz a caramelo, seguido do sabor frutado tradicional das grandes cervexas americanas, nas que predomina un final amargo moi refrescante. Marca: Irmaos de Lei.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Pack Aire”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *