Pack Lume

Pack Lume

32,00 

12 cervexas artesanais coas que poderás comparar estilos como American IPA e Juicy IPA, American Pale Ale, Saison con uva mencía e Grisette ou  unha Farmhouse IPA. Tamén degustarás cervexas torradas como a Brown Ale e Amber Ale, e loiras como as Blonde Ale e a súa variante arxentina Dorada Pampeana.

Categoría:

Descripción

O pack de 12 cervexas está composto por:

1. Vacaloura, estilo Rye Pale Ale, 5,5% Vol.Alc., 48 IBU. De tons alaranxados e sabor doce especiado. Os lúpulos americanos proporciónanlle un notable amargor e aromas frutais. Marca: Cervezas Silvestres.

2. Xistral Citrus, estilo American Pale Ale, 5% Vol.Alc., 28 IBU. APA refrescante de cor laranxa intensa. Monovarietal de lúpulo citra que lle outorga os sabores cítricos de limón, lima e de froitas tropicais. Convinado cos adxuntos da laranxa deshidratada que lle dan sabor, aroma e completando toda esa sensación en boca agradable dos cítricos. Marca: Xistral.

3. Guaguancó, estilo Juicy IPA, 7% Vol.Alc., 53 IBU. Cervexa refrescante de cor entre ámbar e dourado, corpo medio e textura sedosa grazas ao emprego de copos de avea, aroma e sabor intensos a froitas tropicais e de oso, amargor balanceado coa dozura das maltes. Marca: AleAlé.

4. Loura, estilo Belgian Blonde Ale, 5,5% Vol.Alc, 21 IBU. Cervexa loira, estilo belga. Trago doado. Feita con lúpulos Saaz e Nugget. Marca: Aloumiña.

5. Lager, cervexa Lager, 5,5% Vol.Alc, 30 IBU. Unha cervexa equilibrada para iniciarse no mundo da cervexa artesanal. Marca: Augas Santas.

6. Apaixonante, estilo American Pale Ale, 5,4% Vol.Alc., 40 IBU. Cervexa de estilo Pale Ale e de cor ámbar. Notas a cereais torrados con matiz a caramelo, seguido do sabor frutado tradicional das grandes cervexas americanas, nas que predomina un final amargo moi refrescante. Marca: Irmaos de Lei.

7. Rubia, estilo Blonde Ale, 5% Vol.Alc., 22 IBU. Marca: A Cova da Serpe.

8. Doménicus Rubia, estilo Dorada Pampeana, 5% Vol.Alc., 20 IBU. Cervexa de carácter suave e refrescante, destacan os toques cítricos. Marca: Doménicus.

9. Ruliña Blonde Ale, estilo Blonde Ale, 4,5% Vol.Alc., 20 IBU. Cerveza loira, suave e con notas florais. Marca: La Ferrolana.

10. Xabaripa, estilo Farmhouse Indian Pale Ale, 6% Vol.Alc., 55 IBU. Cervexa híbrida entre unha saison e unha IPA. Aroma a froita madura. Sabor a limón, laranxa e pexego con matices resinosos. Marca: Meiga.

11. Menduiña Duir, estilo Amber Ale, 5% Vol.Alc., 30 IBU. Cervexa tostada con espuma ámbar. Sabor a maltas doces y final lixeiramente amargo. Marida con queixos fortes, carnes vermellas e peixe azul. Marca: Menduiña.

12. Crystal Gazing, estilo Grisette, 3,8% Vol.Alc., 20 IBU. Unha cervexa rubia, lixeira, equilibrada e refrescante, cun suave toque cítrico e grado alcohólico moderado. As grisette foron un estilo de cervexa de principios do século XX que consumían os traballadores das cidades mineiras do sur de Bélxica. Este estilo desapareceu nos anos 70 e foi rescatado recentemente pola comunidade de cervexeiros artesanais grazas a documentos históricos. Un exemplo claro do que o movemento “craft” aporta á cultura cervexeira internacional. MARIDAXE: peixe, marisco, queixos Cebreiro e Brie, comida thai ou vietnamita e sushi. Marca: Misterio Brewing.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Pack Lume”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *